Emberizidae

Dende sempre me pareceron das aves máis fermosas que campean polas nosas leiras e montes. No 1884 Marcial Valladares recollé no seu diccionario de galego-castelán:
“pájaro vulgar, llamado así, pórque los huevos que la hembra pone salen llenos de caprichosas rayas, cual si con una pluma se hubieran trazado sobre la cáscara.”

Escribidor amarelo (Emberiza citrinella), Escribidor riscado (Emberiza cia) e Emberiza cirlus (Escribidor común)

Son as tres especies de escribidores que nidifican na nosa comarca. O escribidor amarelo agora está restrinxido principalmente as zonas altas, o riscado en teoría tamén, aínda que a realidade e que algún exemplar cría tamén a nivel do mar nesta zona, os escribidores comúns son os máis doados de ver na zona costeira. 

Escribidor sombrío (Emberiza hortulana)

Non é doado botarlle o ollo na comarca a esta especie, onde só sedimenta algún exemplar no paso postnupcial cada certos anos. Este é un exemplar que parou un par de días pola Garita de Bares (Mañón).

Escribidor nival (Plectrophenax nivalis)

Teño que confesar que teño unha absoluta devoción por esta especie, que ademáis é unha das especielidades da nosa comarca.  Esta especie amosa un poderío impoñente, recén entrado do mar non perde tempo nin en ubicarse, directamente ponse a comer cada semente e insecto que etope  polo chan, de tal maneira que si é molestada, seguirá comendo, mirando de reollo, pero seguirá comendo. Unha especie fermosa como poucas da que falamos nesta entrada (Escribentas das neves, entre a serra e a praia.)

Escribidor da Laponia (Calcarius lapponicus)

Moito máis escaso e raro na península que o escribidor da neves, aínda que é raro o outono que a especie non se deixa ver pola comarca, principalmente na Estaca de Bares e a serra da Capelada.

Frinxílidos

As súas fermosas cores e afinados trinos fan que cada ano milleiros de exemplares desta familia sexan capturados polos silvestristas para ser engaiolados. A moaioría deles morrerán os poucos días por non adaptarse o cautiverio, e os que sobrevivan non terán moita mellor sorte. Esperemos que por fin, algún día se prohiba esta práctica sen sentido.

Sturnidae e Alaudidae

Así como os estorniños parece que manteñen unhas poboacións máis ou menos estables, os alaudidos en Galicia están a pasar por tempos complicados, son especies que precisan de áreas abertas para vivir, pero nos últimos anos Galicia está a sufrir unha tranformación da súa paisaxe que está a afogar as poucas poboacións de alaudidos que nos quedan. A perda de actividade agraria e forestación de solo agrario, presión humana e perda de habitat dunar, son algumhas das causas. Ogollá a situación revirta, porque se non lavercas, cotovías e calandriñas teñen os días contados na nosa terra.

Túrdidae

Estabilidade atmosférica e unha brisa de nordés de outono, isto é o pistaletazo de saída para que milleiros de páxaros desta familia que recalan nestas terrasse embarquen nunha odisea na que cruzarán o cantábrico, xeralmente dende as illas británicas. Os máis fortes irán chegando a terra e parando nos campeiros e montes. Algúns cono os merlos, paporoibos ou tordos virán pra pasar o inverno con nosco e cos seus conxéneres sedentarios, para outros como pedreiros, papamoscas ou chascos norteños, non será máis que unha breve parada antes de proseguir a súa travesía ata os cuarteis invernais en áfrica. Outro dos espectáculos migratórios que se poden desfrutar pola estaca de Bares.

Rabirubio cincento (Phoenicurus ochruros) e rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus)

Chasco europeo (Saxicola rubicola) e chasco norteño (Saxicola rubetra)

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) e Papamoscas cincento (Muscicapa striata)

Tordo común (Turdus philomelos) e tordo charlo (Turdus viscivorus) 

Tordo rubio (Turdus iliacus) tordo real (Turdus pilaris)

Merlo común (Turdus merula) e merlo do papo branco (Turdus torquatus)

Paporrubo (Erithacus rubecula) e papoazul (Luscinia svecica)

Catharus ustulatus

Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)​​ 

Pedreiro do deserto (Oenanthe deserti)

Sylviidae

Pequenos e moi inquietos, estos paxariños son difíciles de ver entre o mato e as follas das árbores, algo que en ocasións dificulta moito a súa identificación. en ocasións son os seus cantos e reclamos os que nos alertan da súa presencia.