Plantas Hipocrómicas
A hipocromía é unha alteración xenética na que algún dos pigmentos das plantas están bloqueados, xeralmente os antocianos (pigmentos que dan as cores azuladas e encarnadas das plantas), quedando as flores total ou parcialmente de cor branca, amarela, verdosa ou decoloreada.
O longo dos anos un vaise topando con exemplares deste tipo que van xurdindo, uns durante as xornadas de campo, e moitos outros nos momentos máis inesperados, o que fai que a cámara do mobil sexa o único ó alcance para documentar a especie. Acó van tódolos exemplares con que me fun encontrando.