Biluricos, pilros, mazaricos, píllaras…pican incansablemente no fango das nosas rías, remexen nos argazos da baixamar e persiguen as ondas en retirada das praias na búsqueda dos seus petiscos preferidos. Outros pola contra patrullan as campas dos nosos montes, tentando atopar as miñocas e vermes que lles axuden a conseguir as graxas necesarias para regresar na primaveira ó norte, e afrontar a cría dunha nova rolada.

Familia Charadriidae

Píllara dourada (Pluvialis apricaria) e píllara dourada americana (Pluvialis dominica) 

Nas serras do norte Galego, entre o Xistral e a Capelada,  temos unha invernada interesante de píllaras douradas, con grupos dun par de centos nalgúns momentos do ano, na Serra da Capelada no ano 2017 colouse un infiltrado do outro lado do charco…

Píllara rubia (Charadrius morinellus)

A Serra da Capelada ten varias especies emblemáticas, esta e unha delas, durante moitos anos foi o lugar, xunto con outras serras como o Suído ou a da Groba, onde poder ver esta especie no paso outonal por Galicia.

Píllara de dobre colar (Charadrius vociferus)

Esta especie americana adora Galicia, normal…e quen non,  dos 6 rexistros que hai en España, 5 son galegos, Bueu,Ponteceso,Cambre,Baiona e O Porriño.

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) / Píllara real (Charadrius hiaticula) / Píllara areeira (Charadrius dubius)

Na primavera do 99 víanse as últimas dúas parellas reproductoras de píllara das dunas na praia de Morouzos (Ortigueira), as últimas que criaron na comarca. Agora, mentres a especie tenta recuperarse nos maltratados areais galegos, só queda consolarse disfrutando das observacións que esta especie e o resto de especies de píllaras nos ofrecen nos pasos migratorios.

Familia Scolopacidae

Pilro común (Calidris alpina) e  Pilro tridáctilo (Calidris alba)

Os máis comúns dos pilros, eles son os que nos alegran esas visitas as praias e rías nas que invernan, sempre que se lles deixe vivir nelas, claro….

Pilrro gordo (Calidris canutus) e Pilro de bico longo (Calidris ferruginea)

Un pilro robusto que nos chega directo dende o ártico. Na comarca só temos os invernantes da ría de Ortigueira, pero con un pouco de sorte nos pasos de outono e de primavera podemos disfrutalos nos areais da zona, cando paran a repoñer forzas.

Pilro pequeno (Calidris minuta), Pilro de temminck (Calidris temminckii)

Os pilros pequenos non invernan na nosa zona, pero iso non quere decir que non teñamos responsabilidades con estas e outras especies similares. Esta especie soe parar nos nosos areais nos pasos migratorios, sobre todo no outonal. Non paran por gusto, fano para descansar, alimentarse e seguir a súa viaxe, as molestias e a falta de alimento nos areais, provocada por esa manía de peinar as plaias con enormes tractores para eliminar as algas que acollen o seu alimento, pode ser a diferencia entre que a súa viaxe chegue ou non a a bo porto… As algas non son lixo…

Pilro escuro (Calidris maritima)

Seguramente o pilro invernante máis escaso de Galicia. Por sorte na comarca vai resistindo o pequeno continxente que pasa o inverno no peirao de Cariño.

Pilro de colete (Calidris melanotos)

Tal vez sexa a limícola rara con máis citas na península e Galicia, pero o certo é que durante moitos anos se resistiu a aparecer polo ortegal. O primeiro aparecía na plaia da Concha (Cariño) o 25-9-19 e o outro rexistro da comarca pertence a Serra da Capelada o 6-10-21, deste exemplar son algunhas das fotografías desta galería.

Pilro de cu branco (Calidris fuscicollis) Pilro semipalmado (Calidris pusilla) 

Se a especie anterior se resistiu a deixarse ver pola comarca, o pilro de cú branco non se quedou atráis. Esta especie americana viuse acó por primeira vez na praia de Cariño o 10-10-2019 e tan só 5 días despois aparecía outro exemplar na praia de Morouzos (Ortigueira). Do pilro semipalmeado seguimos sin ter citas na comarca, este da fotografía é da comarca veciña de Ferrolterra.

 Pilro de baird (Calidris bairdii) 

Non é nada doado poder disfrutar desta especie americana en Galicia, conta con tan só 11 citas, e ningunha delas é na nosa comarca. Por sorte este exemplar das fotografías viuse na comarca veciña no ano 2021.

Liorteiro (Calidris pugnax)

Mazarico Real (Numenius arquata)  e Mazarico chiador (Numenius phaeopus)

Fuselo de rabo pinto (Limosa lapponica) Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)

Bilurico común (Tringa totanus)/ Bilurico escuro(Tringa erythropus)Bilurico de patas verdes (Tringa nebularia)

Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)

Virapedras común (Arenaria interpres)

Falaropo de bico groso (Phalaropus fulicarius) e Falaropo tricolor (Phalaropus tricolor)

Haematopodidae