BOLBORETAS
BOLBORETAS
Pampurriñas, paxarelas, abelonas,cucos ou irisoidos son algúns dos moitos nomes que reciben esas coloreadas xoias aladas que adornan as campeiras, leiras ou ríos cando as calores vrao se van achegando.
ABELAÍÑAS (en construcción)
Cando se ollaba unha abelaíña branca voando ó redor dunha luz creíase que éra unha ánima redimida que viña dar algún aviso ós vivos, como tal o anuncio de boas novas de familiares ausentes, pero no caso ser escura, trataríase dunha ánima aínda en pena e creíase que viña anunciar unha desgraza.
Os tempos foron cambiando e agora sabemos que as abelaíñas ademáis de cumprir unha importante función ecolóxica son unhos seres certamente fermosos, máis aínda se os miramos de vagar e de preto.