A comarca do Ortegal, situada no noroeste galego acolle, entre outros moitos, enclaves como as serras da Capelada, Faladora e Coriscada, a ría de Ortigueira, Fragas da cabeceira do Sor, e a Estaca de Bares.
Entre todos engloban unha grande diversidade de hábitats que fan desta comarca un lugar de importancia botánica, faunística e paisaxística, que cómpre protexer.
Este espazo nace coa intención de dar a coñecer os valores naturais desta terra, para que todos poidamos disfrutar e traballar para facer que perduren no tempo.