Cando nos ven mirar pra elas cos nosos prismáticos escoitamos iso de “que lles miras se son todas iguais”, pero non é certo, non todas son iguais. Na nosa comarca téñense rexistrado 22 especies e subespecies, unhas 30 na península. Para sobrevivir, algunhas delas, facendo un enorme alarde de plasticidade ecolóxica aprenderon a aproveitar os recursos que as xentes deixamos a súa disposición en contenedores ou basureiros, isto fixo que gañasen mala fama, a pesar de se aproveitar moitas veces de aqueles desfeitos que non somos quen de xestionar de maneira sensata…
Sen dúbida, Galicia é terra gavioteira, e cada inverno infinidade de apaixoados deste grupo de aves nos chegan dende todos os rincóns da península para disfrutar desas especies raras ou non tan raras que cada ano soen arribar ás nosas costas. Neste álbun irei poñendo algunhas das diferentes especies que puiden observar por Galicia, ademáis dunha preciosidade que apareceu por Portugal.
Dende o 2008 que se observou por primeira vez “Cipriana”, a Larus thayeri de San Cibrao, convirteuse no “twich” gavioteiro máis desexado da península. Esta especie oriunda do ártico canadiense chegou a movilizar a máis dun cento de afeizoados ibéricos e extranxeiros. Despois dun par de anos “desaparecida”, no 2013 Ricardo Hevia e máis eu, tivemos a sorte de atopala de novo en San Cibrao, xa como flamante adulto, todo un espectáculo. É a primeira e única cita para España. A ese ano 2013 pertencen todas as fotografías deste álbum.
Cada inverno chega a nosa comarca algún exemplar desta gaivota procedente de Groenlandia. As fotos da galería pertencen a exemplares observados no Ortegal e Mariña Lucense.
Trátase da subespecie de gaivota polar que habita o Ártico Canadiense, sendo moito máis escasa que a especie nominal. Durante anos foi toda unha rareza atopar un exemplar desta subespecie en Iberia, pero inexplicablemente nos últimos anos sucedéronse un número “altísimo” de rexistros, pasando dos 7 rexistros existentes no 2012 os 32 neste 2016. o exemplar das fotos é un segundo inverno atopado no porto do Vicedo en marzo do 2014.
Chega dende as costas árticas, é a máis habitual das “Gaivotas brancas” que se poden ver na comarca. As fotos pertencen a exemplares observados na Mariña Lucense e Ortegal.
A gaivota de delaware, nativa de Norteamérica, é moi irregular na comarca, chegando a non verse durante anos, no contexto penínsular, aínda sendo unha especie rara, é a máis común das especies americanas que chegan as nosas costas.
A gaivota do Cáspio, que procede do leste de europa, pódese ver tódolos anos na comarca, aínda que en número escaso, á dificultade para diferenciar esta especie das nosas patiamarelas, hai que sumarlle as cada vez máis abondosas colonias mixtas con gaivotas patiamarealas e arxenteas en países como Alemania ou Polonia das que saen algúns híbridos, complicando así aínda máis a identificación deste taxón. As fotos pertencen a exemplares do Ortegal e Mariña Lucense.
Esta pequena xoia cría na taiga de Alaska e Canadá, En Galicia soe verse algún exemplar case tódolos anos, aínda que en xeral en Europa non é das Gaivotas “raras” máis comúns, nin moito menos. Parte das fotografías son de “phill”, un exemplar que dende nas navidades do 2013 decidiu pasar unhos invernos en Cariño (2013-2017), gran elección…
Seguramente as dúas especies máis desexadas para un afeccionado as gaivotas. En Febreiro do 2014 aparecía en Pontevedra un xoven de gaivota de Ross que supñía o primeiro rexistro da especie en Galicia, tan só 9 meses despois, aparecía no peirao de Nazaret (Portugal) un adulto de gaivota Marfil. Primeira cita para a península ibérica.
É a gaivota máis pequena do mundo, cría principalmente dende Escandinavia e repúblicas bálticas ata o este de Siberia.
Podemos vela dende a Estaca de Bares no Outono-Inverno, pero é unha especie moi peláxica que suele pasar lonxe da costa, tan só nalgunhas circustancias especiais, como un tren de temporais, arrima algún exemplar cerca de terra. O inverno 2022-2023 vai ser recordado porque nunca antes se poideran ver tantos exemplares desta especie alimentándose en portos, plaias e rías galegas.
A ese inverno pertencen todas as fotografías.
Como a anterior especie, esta é unha gaivota peláxica, que non acostuma arrimar a terra, non sendo que os temporais a obriguen. Nos anos 80 chegaron a criar ata 200 parellas entre Cabo Vilán e as islas Sisargas. No 2017 desapareceu como nidificante en Galicia. O mellor sitio para vela en Galicia é a Estaca de Bares durante o otono e inverno. Con ventos do noroeste as tridáctilas suelen arrimar á costa, pasando moi preto si este arrecia. Todas as fotografías desta galería pertencen a Bares.