30-03-2015 O Barqueiro

Un grupo dunhos 20 úbalos (Carduelis spinus) alimentándose de dentes de león por Mogor. (Ex. en paso)

_APS6231 _APS6209

29-03-2015 Serra da Capelada

1 ex. de falcón paxareiro (Falco columbarius) pola Herbeira.

Alfonso Valderas, Tito salvadores, Eulogio, Álvaro Polo e Antonio Martínez_APS6189

28-03-2015 Cariño

Última observación da gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia) que estaba a comenzar a mostrar a plumaxe nupcial, as patas xa estaban de cor laranxa dende facía días.

Cita e fot.Ricardo Hevia.

bona1IMG_8442 bonapIMG_8448

21-03-2015 Serra da Capelada

Un macho de falcón paxareiro (Falco columbarius) cazando unha pica dos prados pola Herbeira.

Cita e fot. Ricardo Hevia

17-03-2015 Cariño

Continúa a gaivota de bonaparte (Chroicocephalus philadelphia) polo porto de Cariño e a píllara rubia (Charadrius morinellus) pola Herbeira

Ricardo Hevia, Fernando Pereiras e Antonio Martínez. (Última obs. do exemplar pola zona)

_APS5699

17-03-2015 Ortigueira

Primeiros dous millafres (Milvus migrans) do ano polos campos de San Claudio.

Antonio Martínez

_APS5748

16-03-2015 O Vicedo

Primeira obs. do ano de anduriña común (Hirundo rustica) pola zona.

Antonio Martínez

10-03-2015 Cariño

Un ex. de garza boieira, (Bubulcus ibis) na praia de Cariño.

Cita e foto Ricardo Hevia

bubIMG_2834

9-03-2015 Serra da Capelada

Pola herbeira continúa a píllara rubia (Charadrius morinellus)  que aparecera o 1 de novembro. (primeira cita de invernada no cantábrico)

Ricardo Hevia 

unnamed

4-03-2015 Monte Caxado (as Pontes)

1 ex. de escribenta das neves (plectrophenax nivalis) no monte Caxado 

Juan Pita Romero

IMG_5644

Etiquetas Blog