Polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) e 4 machos de pedreiro gris (Oenanthe oenenthe)
Ricardo Hevia.
Polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) e 4 machos de pedreiro gris (Oenanthe oenenthe)
Ricardo Hevia.
Pola Herbeira 2 merlos do papo branco (Turdus torquatus)
Alberto Monteagudo,
Polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) e 8 picas dos prados (Anthus pratensis) algo tardías , pola Herbeira 2 merlos máis (posiblemente os mesmos que antes mirara Alberto Monteagudo) e unha pica de Richard (Anthus richardi) voando cara o norte e reclamando. Segue floreando algunha xanzá(Gentiana verna).
Ricardo Hevia e Antonio Martínez
Primeiro merlo do papo branco (Turdus torquatus) do paso prenupcial pola comarca e 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans)
Ricardo Hevia.
1 exem. macho de papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) nupcial alimentándose no pinar, tamén primeiras picas das árbores (Anthus trivialis) realizando voos nupciais.
Antonio Martínez
Entran na ría tres arroás (Tursiops truncatus) con síntomas de esgotamento estrés e algunhas feridas, posiblemente producidas por teren algún altercado con algunha arte de pesca, polo que dous dos exemplares (unha femia adulta + 1 xoven) non facían máis que arrimarse a orilla e varar mentres que outra femia adulta o evitaba empurrandoos e interpoñéndose entre eles e o areal. Neste caso os exemplares conseguiron recuperarse aparentemente, e a media tarde lograban sair da ría con certa vitalidade, polo que é de esperar que poidan recuperarse.
Polo menos dous arroás (Tursiops truncatus) moi preto da costa dirección oeste.
Antonio Martínez