Orquideas parte 1: introducción a un grupo fascinante

Orquideas parte 1: introducción a un grupo fascinante

Nesta nova entrada vamos a ir mergullándonos no apaixoante mundo das orquídeas, e digo apaixoante porque, como veremos en vindeiras entradas, é un mundo cheo de controversias, no que non todo o mundo concorda. Pero non hai que desesperar, da sana discusión xorde case todo o coñecemento. Comecemos polas primeiras referencias escritas, que se remontan século […]

Ler

Día grande do Naturalismo Galego

Día grande do Naturalismo Galego

Despois de tantos anos con este espazo cerrado, non se me ocorre mellor momento para retomalo que un día tan destacado como o de hoxe, 9 de Marzo, primeiro día do naturalismo galego.  Ós poucos irase actualizando,  correxindo e ampliando contidos que están en construcción nesta web. Vamos ala!  Corría un 28 de xaneiro do 2011 […]

Ler

12-04-2019 Cariño

Frente a Fornos 2 mobellas grandes (Gavia immer) nupciais. Pola Capelada 1 ex. de voitre branco(Neophron pernopterus) adulto, 3 aguias cobreiras (Circaetus gallicus), 3 miñatos queimados (Nilvus migrans) 7 voitres leonados (Gyps fulvus) e un peneireiro común (Falco tinnunculus) Ricardo Hevia

Ler

30-03-2019 Serra da Capelada

Pola Herbeira 4 ex. de merlo do papo branco (turdus torquatus)

Ricardo Hevia

 

29-03-2019 Serra da Capelada

2 ex. de cegoña (Ciconia ciconia) pola herbeira.

Ricardo Hevia.

 

14-02-19 Cabo Ortegal

3 ex. de azulenta alpina (Prunella collaris) polo cantil do cabo.

Ricardo Hevia.

Etiquetas Blog