6-02-2019 Cariño

1 ex. de 2ºinverno de gaivota cáspica(larus cachinnans) na praia de Cariño.

Ricardo Hevia.

 

24-01-2019 Ortigueira

Pola granxa de San Claudio destacar 1 ex. de mazarico mouro (Plegadis falcinellus) xunto con 7 ex. de garzas dos bois (Bubulcus ibis)

Ricardo Hevia.

31-12-2018 Cariño

Continúan 2 pentumeiros de á branca (Melanita fusca) frente a Cariño (están ata o 19 de xaneiro) tamén 1 mobella pequena (Gavia stellata), 1 artica (Gavia arctica) e 1 grande (Gavia immer).

Ricardo Hevia.Mostrando IMG_2576fusca.JPG

28-12-2018 Ría de Ortigueira

Fronte a Cariño continúan 2 pentumeiros de á branca (Melanita fusca) 4 pentumeiros comúns (Melanita nigra) e 6 mobellas grandes (Gavia immer). No interior da ría 7 garzas dos bois (Bubulcus ibis) 2 aguias peixeiras (Pandion haliaetus) 6 ex. de Garzota grande. (Egretta alba) e 1 ex femia de gatafornela (Circus cyaneus) en San Claudio.

Ricardo Hevia

24-12-2018 Cariño

Fronte ó peirao de Cariño 2 pentumeiros de á branca (Melanita fusca) 2 pentumeiros comúns (Melanita nigra), 7 mobellas grandes  (Gavia immer) e 3 mobellas pequenas (Gavia stellata).

Ricardo Hevia.

21-12-2018 Ría de Ortigueira

Na praia de Cariño 12 gaivotas canas( Larus canos). 2 mobellas pequenas (Gavia stellata) 1 na praia de Fornos e outra no interior da ría xunto con unha mobella grande (Gavia immer) 2 mergos cristados (Mergus serrator) 2 barnaclas carinegras (Branta bernicla bernicla), 8 pentumeiros comúns (Melanitta nigra) e 8 garzotas grandes (Egretta alba)

Ricardo Hevia.

13-12-2018 Ría de Ortigueira

Na ría 1  ex. de ganso de cara negra (Branta bernicla) e no peirao de Cariño 1 ex. de mobella pequena (Gavia stellata) e outro de mobella grande (Gavia immer).

Ricardo Hevia

8-12-2018 Cariño

1 ex. 1º de inverno de gaivota de bonaparte (Larus philadelphia) polo porto de Cariño.

Ricardo Hevia.

 

28-11-2018 Ortegal

Polo menos 5 ex. de azulenta alpina (Prunella collaris) polo Cabo Ortegal.

Ricardo Hevia.

25-11-2018 Serra da Capelada

Primeiros 3 ex. de azulenta alpina (Prunella collaris) do ano pola Herbeira.

Ricardo Hevia.

Arquivos