Reliquia Das Brañas

“Os últimos exemplares de lagartixa das brañas que aínda sobreviven en Galicia ailladas en altos cumios das máis frías das nosas serras son  unha reliquia do periodo glacial.
Naquela época, empurrada polos xelos do norte, esta especie alcanzou a nosa terra seguindo a cordilleira cantábrica.
Despois ó quentarse outra vez o clima, ficou aillada en dúas serras do norte do país, hoxe xa só se pode contemplar esta pequena lagartixa en Galicia, cun pouco de sorte, nas altas brañas de Ancares e Xistral”  
Dende que lera estas liñas na guía coa que me iniciei no mundo naturalista  “Anfibios e réptiles de Galicia” de P.G, Regalado e G.F.Areas, non deixou de rondar na miña cabeza o poderme atopar algún día con esta especie, así foi que fai uns 7 anos tenteino pola serra do  Xistral, dei con ela, pero, tan só unha fugaz mirada de lonxe, non fora disfrute abondo para tan ansiado encontro. Dende aquela, tal vez por estar máis adicado ó mundo das prantas e os insectos, non volvera a reparar na búsqueda desta especie.
Nos últimos tempos, recentes publicacións sobre novas e impresionantes localizaciós habían completar as que no seu momento aportaran Pedro Galán e Gustavo Fernández. á vez que acercaban a especie á miña ben querida serra da Faladoira. 
Estas novas localizacións eran publicadas por Xabi Prieto e Manu Arzúa no ano 2007 aportando citas da especie nas serras do Buio, Lourenzá, Corda e Montes do Monseibán á altitude máis baixa coñecida ata ese momento, isto abría a posibilidade, por que non, de que a lagartixa das turbeirasZootoca vivipara) puidera adentrarse na Faladoira e Coriscada; e así se constatou en Xulio do 2010 cando Pedro Galán, Rafael Vázquez-Graña, Fernando Rodríguez-Lamela e Ricardo Ferreiro, descubriron a especie por primeira vez para a provincia da Coruña, acó no concello de Mañón e máis no de Ortigueira (na Coriscada,no límite entre concellos), unha localización quizáis impensable cando se escribiran as lineas que dan comezo á entrada, e a unha altitude tamén impensable para a especie, 367 msnm..
Dende que tiven noticia desta poboación non deixei de buscala pola serra, pero sempre sen sorte, moito tempo adicado a esperar que saíra a lagartixa, que rebulira o pé da turbeira, pero sempre era a nosa lagartixa da serra (Iberolacerta monticola)      8202784055_70dba18cbf_o 8202787153_398ea47d0f_o

A infructuosa búsqueda da lagartixa das brañas foi sen embargo enriquecedora e reveladora no que a outros grupos taxonómicos se refire, aparecendo diversas especies dun alto interese.
Aló agochadas polas turbeiras da serra apareceron novas especies e impresionantes colonias de prantas carnívoras, algunhas delas moi escasas en Galicia e das que non se tiña constancia nesta serra.
A tal hora, podemos chufar de ter acó tódalas especies terrestres presentes en territorio galego

8204088120_148b1d612d_o

Nunha camiñata a pe entre dúas turbeiras apareceu outra inesperada sorpresa, 4 Erebias triarias, acó,  lonxe das súas colonias máis cercanas.
Ó igual que a protagonista da entrada esta é especie sobrevivinte da época glacial polo tanto habitante dos máis altos cúmios galegos, neste caso seguramente exemplares chegados por deriba da serra do Xistral

6101575958_d71bc6a476_o

A carón das brañas situadas nas zonas máis altas do concello recalei nun fermoso recuncho de fraga donde os serbais dos cazadores nacen e medran aínda en abundancia ó límite da súa distribución natural.

8180351310_0dbfbcc0d0_o

Ó seu abrigo medran por ducias os afrouxóns (Narcissus minor L. subsp. asturiensis). o Poligonatum verticillatum os Allium victorialis. Calquera delas, especies moi escasas na nosa terra.

8183222465_5a6c21a08e_o

8202811159_516223d6a77006706031_1c720ff63d_o

8180123280_515c6effd1_o

8180123280_515c6effd1_oTampouco para o máis distinguido dos anfibios galegos pasou desapercibido este sombrizo recuncho, abundante acó a nosa saramaganta. (Chioglossa lusitanica)

6872851732_25e9c9da57_o

 

Tamén a escasa e ameazada caricola de quimper (Elona quimperiana) resiste neste enxebre recuncho.

8203903806_3bd7e39e7a

Xa de volta nas turbeiras, outro ilustre galego apareceu paseando polos húmidos musgos, o escarabello galego (Carabus galicianus), a primeira vez que o vía nunhas brañas a certa distancia do río donde soe aparecer este fermoso escarabello.

6873089556_c7a374718e_o

O pracer de poder disfrutar destas pequenas xoias da fauna e flora galega é a razón pola que nunca fun nin serei quen de especializarme nunha soa disciplina, para min é inevitable entreterme e querer saber tanto como poida dunha pranta, dun páxaro, lagartixa, couza, escarabello…. aínda que isto, conleve, en moitas ocasións, non me poder meter a fondo en cada un dos grupos, pero é un precio que pago moi gustosamente.

O caso é que seguía sen atopar a dichosa lagartixa das brañas.
Un día decidin ir á serra, pero nesta ocasión a censar as colonias de carnívoras, ó chegar a unha delas sentín de novo un rebulir, agora nunha pequena isleta de toxos e macaianas situada no centro das encharcadas brañas.
Xa non era a primeira vez que sentía nese mesmo sitio o dichoso rebulir, dúas veces me acerquei para tentar vela e nas dúas se escapou sen darme tempo a vela, ó final atendendo a un consello de Xabi Prieto, que me decía que o mellor para podela ver era marcar a zona e logo dun pedazo regresar amodo, decidín darlle un tempo que aproveitei para camiñar ata outra pequena colonia de  carnívoras, contalas e retornar a zona, pero desta vez xa dende lonxe poiden ver a lagartixa, e esta non parecía unha lagartixa da serra…, o achergarme un pouco máis saín de toda dúbida…por fin… a lagartixa das brañas da Faladoira, sen hora non era.
Mireina un bó pedazo ao lonxe, pensando que o advertir a miña presencia escaparía.

8170709842_2fe0ca02ef_o

Funme acercando amodiño e para a miña sorpresa ela nin se inmutaba.
8170661121_464195afc8_o

8170674598_dd15b5022a_o

Senteime a mirar pra ela, fotografieina e finalmente, decidín deixar sen contar a colonia para non molestar a nosa distinguida lagartixa e que puidese disfrutar da raiola de sol, outro tanto como eu disfrutara da súa observación.8170655855_e5b0135f97_o

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias a todos por me ler.

Acó deixo un achego coa publicación do descubrimento desta especie na serra da Faladoira

Entrada publicada o 29 de novembro do 2012

 

 

Sin Comentarios

Fai o primeiro comentario.

Deixa un comentario

Introduza o seu nome. Introduza un email. Introduza o comentario.

Etiquetas Blog