2015, ano dos Vespertinus

Cada certo tempo acontece algo coas especies consideradas “rareza”que sorprende os ornitólogos, 1!2!3!6!12!

Podemos pasar anos sin ver unha determinada especie, ou vela moi escasamente cada ano ou poucos anos e, de súpeto, o vento, un temporal, unha sequía, falta de comida…. e zas! temos unha invasión, este fenómeno coñecémolo como influx.

Pode que cando esto acontece deixemos de darlle tanta importancia as citas que se van sucedendo, pero seguramente pasarán moitos anos ata que este fenómeno se repita cunha especie, iso supoñendo que se repita. Estes episodios gañan valor cos anos.

O 2015 non se recordará por ningunha gran rareza en especial, o 2015 sen dúbida será, o ano dos vespertinos en Galicia.

O lagarteiro patirrubio (Falco vespertinus) é unha especie que cría por Europa Oriental e Asia, migrando en inverno cara o sur de África.

Falco_vespertinus_distr copia

 

Por este motivo, Galicia está lonxe da súa ruta migratoria normal e tan só unhos 15-16 ex. ata a data se trabucaran na súa migración e apareceran na nosa terra, case todos exemplares xóvenes (como soe ser normal nas rarezas).

Este ano parecía que algo ía ser diferente, estábanse a rexistrar varios exemplares en Portugal, as cifras non paraban de medrar, e claro… ó final chegaron.

 

 

 

 

 

 

Juan Pita romero cantaba un exemplar polos montes de Moaña, un macho adulto! Logo Adolfo Lomeña facía o propio cunha femia na serra da Groba (Baiona).

En poucos días a Limia e a Terra Chá xa eran un paraíso para estos peneireiros que pouco a pouco se ían acumulando nas zonas de alimentación máis propicias.

Este influx pilloume en varios puntos quentes e puiden disfrutar moitísimo coa especie. Primeiro, o macho de Moaña

_APS0195

Logo unha xornada disfrutando da especie pola Limia na compañía de Ramsés.

_APS1548

E como colofón final, unha escapada con Ricardo Hevia que se ía converter nun día de F. vespertinos seguramente irrepetible por estas terras. Pola mañá saímos do Barqueiro para tentar ver os exemplares que eses días se estaban a ver polo occidente asturiano. Alí, Pablo Miqui e Pablo Fernández fixeron de grandes anfitrións, por desgracia dos ex. que eses días se estaban a ver xa só quedaba unha femia, iso sí, deixouse ver moi ben.

_APS2665

Logo dunha paradiña para xantar pola charca de Rinlo, fomos para a Terra Chá. Primeiro paramos na lagoa de Cospeito, donde se nos acercou unha aguia calzada

_APS2688 (2)

Logo, xa pola veiga, aparte dos exemplares xa presentes, observamos 5 ex. novos, un deles unha femia adulta, era a idade que eu non vira e a que tiña ganas de botarlle o ollo. Unha preciosidade.

_APS2727

_APS2714

Era moi curioso ver os pequenos lagarteiros pousados pola terra labrada.

_APS2760

Xa para rematar a xornada, fomos ata o Forgoselo, collíanos de camiño a casa e facía pouco víranse alí 4 aves. Ó chegar vimos ó lonxe un par deles, pero por un momento pareceunos ver como se 3-4 aves se tirasen lonxe trais dunha pedra. A curiosidade fixo que saltásemos a alambrada e nos pegásemos unha boa camiñata ata a zona. Un golpe paseando que pasou por completo nós.

_APS2823 (2)

Pero ó comezar a baixar unha pequena ladeira, sorpresa! Levantaban do chan, a poucos metros de nós, 11 exemplares. Sorprendidos, quedamos coma tontos mirando como un a un se ían pousando outra vez unhos metros máis abaixo, menuda estampa, quen ía decir que veríamos un grupo así en Galicia… ó final 10 exemplares pousaronse a poucos metros de nós.

_APS2790

Do chan ían a unha pequena árbore que estaba no medio do campo.

1 (2)

No grupo había ex. adultos e xóvenes de ambos sexos que poidemos disfrutar a poucos metros. Unha gozada de xornada na que puidemos ver  unhos 20 exemplares distintos, vamos, que nun día disfrutamos de máis aves das que se tiñan rexistrado en Galicia en todos estos anos anteriores.

Finalmente en Galicia víronse en torno os 70 exemplares, unha barbaridade para estas terras. Gracias a Antonio Gutiérrez que foi apuntando todos os rexistros que se sucedían podemos ver a distribución das aves observadas. Como vedes saíu un ex. na serra da Capelada, atopado por Ricardo Hevia, que supón un primeiro rexistro para a comarca (e van 309 sp.!)

unnamed

Polo que parece durante o mes de Abril soprou moito o vento de oeste na zona do Sahara, o que puido provocar que as aves se separasen moito da súa ruta habitual.

A veces a este tipo de xornadas non lle damos valor ata que pasamos moitos anos sin ver a especie en cuentión… entón recordamos aquel ano do influx de Falco vespertinus.

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

 

Nota fora de data: dende o ano 2015 ata o día de hoxe 9-03-2023,  só se viu 1 exemplar de F.vespertinus en Galicia.

Sin Comentarios

Fai o primeiro comentario.

Deixa un comentario

Introduza o seu nome. Introduza un email. Introduza o comentario.

Etiquetas Blog