Outras botando un grolo e disfrutando dun merecido e repoñedor baño.
Sobrevoando as raídas campas de serra
ou simplemente esponxándose baixo os agradables raios de sol.
No que vai de inverno xa sumamos un total de 80 exemplares pola Capelada, facia anos que non saian números tan fermosos.
Por outro lado temos a Valdoviño que tamén tenta recuperar un invernante tan distinguido como as escribentas das neves. Primeiro Xabi Prieto e Pablo Gutiérrez observaron un grupo de 8 exemplares e logo Ricardo Hevia e máis eu un grupiño de 10 exemplares que finalmente se consolidou como invernante.
Cada vez que Ricardo e eu nos topamos con estes páxaros surxe unha conversa sobre a sensación de poderío físico que dá esta especie.
Ademais de fermosas estas ecribentas sempre parecen estar en plena forma, sempre activas e vixiantes pero sen deixar de buscar e comer sementes en ningún momento
De todos xeitos a pesares de non ser moitos, sempre hai momentos para o descanso.
E aínda neses momentos, aproveitarán a ocasión se aparece algunha semente ben azosa.
Acó remato esta entrada, máis fotográfica que instructiva certamente, pero coido que ilustre modelo o merece, e tan boa noticia tamén, esperemos que esta recuperación se consolide nos vindeiros anos e poidamos seguir a disfrutar das escribentas das neves acó, no límite sur da súa invernada, donde nin elas mesmas saben ben que elexir… si serra ou praia.
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.