Pois si, aínda que vulgarmente chamamos gaivotas “brancas” a polares e hiperbóreas, agora poido decir sen medo a trabucarme que só hay unha branca, a gaivota marfil (Pagophila eburnea).
O 16 de novembro chegaba un whatsapp que decía “Pagophila eburnea adulta en Nazaré (Portugal)”. Ó principio pensei que sería un erro ou unha broma, pero ós poucos minutos unha foto duns alemáns confirmaba a noticia… “madre mía que follón”: whatsapps, nervios, quen se vai acercar, irei, esperarei. Como xa dixen noutra ocasión, por asuntos personais estaba a pasar unha tempada por terras do Val Miñor, así que a gaivota non estaba demasiado lonxe, era unha oportunidade única de poder ver este precioso animal, pra máis, un adulto…
Finalmente organizamos unha expedicción para sair ó día seguinte ben cedo de mañá, e alá fumos Damián, Dani, Carla, Tito e máis eu nun Peugeot 206, (300 kiliños de fornidos homes só nos asientos traseiros), pero bueno, era unha Pagophila! quen dixo que fora fácil?
Despois de perdernos e dar unhas voltas (case chagamos a Lisboa!), por fin entrábamos no porto donde se vira o bicho e xa antes de aparcar, ahí estaba, ahí estaba voando!
Creo que aínda Dani non parara o coche, e nós xa estábamos pillando os teles no maleteiro… 5 segundos máis tarde xa estaba ó outro lado do ocular.
Brutal, un soño cumprido. “É máis grande do que eu pensaba” iso foi o primeiro que me veu a cabeza naquel momento. Hai páxaros moi raros e hai páxaros moi fermosos, pero que sexan as dúas cousas á vez e que aparezan preto da casa, xa hai menos, este é un deles.
Despois dun bó pedazo mirandoa co teles decidimos acercarnos ó peirao onde se tirara a descansar para poder vela de preto. Como soe pasar neste tipo de especies con tan pouco contacto con humanos, nin se inmutou ante a nosa presenza e puidemos quitarlle unha fotos
Despois dun bó anaco levantou vo e pasou ante nós con total tranquilidade.
Máis tarde pousouse no peirao de enfrente. Foi gracioso vela pousada ó lado dun picapeixe.
Un día inolvidable, se cando empecei a mirar páxaros me din que en menos dun ano ía ver gaivota de Ross e gaivota marfil na península, seguramente pensaría que era unha tolería, pois ben, nisto dos páxaros por sorte, non hai nada imposible.
Un saúdo e moitas gracias por me ler.
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.