Mentres estaba a mirar as gaivotas que cada baixamar se acercan pola praia, din en mirar cara a outra punta descubríndo entón a enorme silueta do páxaro.
Acerqueime un pouco para ollalo ben, ó pouco saíu voando cara a zona de xuncos onde pasou o resto do día.
Ó día seguinte continuaba pola mesma zona, primeiro polo areal e logo buscando comida polos campos que rodean a xunqueira.
Ó terceiro día xa non estaba pola zona, polo que pensei que marchara, a sorpresa foi cando unhas horas despois apareceu paseando por Monte Furado (frente ó porto do Barqueiro) recorrendo o areal un pouco desorientado.
Ó subir a marea perdeuse voando ría arriba, donde ficou polo menos ata o día 22 que a ollei por última vez pola zona de San Fiz.
Esta especie cría nas brañas, carrizais, montes boreais ou montes preto dos cursos de auga, nunha ancha banda entre Escandinavia e o este de Siberia, aparecendo tamén dous nucleos aíllados en Turquía e no Tíbet. Antigamente a especie criaba tamén no Sur de Europa desaparecendo maioritariamente entre os séculos XIX e XX, parece ser que as últimas noticias de cría en España foron na desaparecida lagoa da Janda, en Cadiz aló polos anos 1952-1954. Agora xa tan só como invernante, chega a finais outubro asentándose xeralmente polo centro e todo o sudoeste da península Ibérica. Aliméntase de diversidade de vexetais, principalmente por zonas adehesadas e cultivos de cereais. A retirada ó atardecer e a chegada ó amencer dos durmidoiros é todo un espectáculo, do que aínda nunca disfrutei. Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.
Acó deixo un achego moi completo sobre a especie. Prieta, J. y Del Moral, J. C. 2008. La grulla común invernante en España. Población en 2007 y método de censo. SEO/BirdLife. Madrid.
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.