O leucismo é unha aberración que se produce con certa frecuencia en aves. Persoalmente teño observado só en merlos, aínda que fai unha semana puiden ver en Ferrol un exemplar de pega (Pica pica) co plumaxe totalmente blanco, non tiña a cámara, e só lle puiden quitar unhas fotos co móvil, malas pero…
Nesta outra foto o protagonista é un corzo (Capreolus capreolus) neste caso albino, que atoparon fai anos unhos compañeiros de traballo enganchado nunha alambrada, a foto foi sacada mentres esperaban que chegara a recollelo o servicio de protección. Este exemplar estivo durante anos no Veral en Lugo.
No caso das prantas os albinismos solen ser fatais. A falta de cor e polo tanto de clorofila provoca a imposibilidade de fotosíntese polo tanto a morte, non sendo que se trate de prantas holoparásitas, saprófitas e algunha outra excepción, xa que estas poden prescindir deste proceso.
Sen embargo a hipocromía son fenómeno bastante frecuente, afectando máis comunmente os órganos florais. Nesta sección descarto especies procedentes de xardinería obtidos vexetativanente, hibridación, etc.
Esta última semana que andiven na procura de orquídeas, e de paso tiven a sorte de poder fotografiar algúns casos destos “albinismos”.
Os estalotes, dedaleras, (Digitalis purpurea) que soe aparecer todos os anos por algures. Seis exemplares en non máis de 100 metros cadrados, no lugar da Devesa
Esta outra é unha tamborela ou brañoca, como lle chaman por acó a todas estas ericáceas que se utilizaban como estrume nas cortes.
Comparación coa tonalidade de cor máis frecuente.
Unha pranta frecuente nas nosas dunas é a do alelí das praias neste caso hipocrómica.
E por último unha orquidácea que para iso andaba a elas, aínda que non contaba con esta curiosa sorpresa, neste caso Dactylorhiza elata,
Aínda ontes seguía medrando algunha nova aló por Mañón, mesturadas con outras coa súa cor común. Eran en torno a ducia de exemplares brancos, que mesmo me fixeron crer que se trataba doutra especie.
Sen moito máis que engadir despídome polo momento,un saúdo e moitas gracias por me ler.
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.