Os notodóntidos

De novo a voltas coas avelaiñas, desta vez tócalle a familia dos Notodóntidos, unha familia que conta con máis de 2500 especies en todo o mundo, a maioría delas espalladas polas zonas tropicais. Son couzas de tamaño medio-grande e xeralmente de corpos pesados e peludos. 
Así como en outras familias as eirugas comparten unhas características físicas, nesta, a diversidade de formas é tremenda, pasando de eirugas lampiñas a peludas e de exemplares con colas como látigos a outros con patas como arañas. 
Dende logo esta é unha familia moi interesante, non só polas súas eirugas, en ocasións de formas imposibles, senón tamén polas curiosas avelaiñas que recorren á cripsis para pasar desapercibidas.
Os notodóntidos están espallados en distintas subfamilias, no Barqueiro teño atopada representación das seguintes:

Subfamilia Ptilodoninae

Pterostoma palpina (Clerck 1759)
(42 mm) O imago destaca pola súa forma en repouso que semella unha folla seca. Ten dúas xeraciós ó ano entre abril e agosto. As sús eirugas aliméntanse de follas de chopos, ameneiros, robles e salgueiros. Pasa o inverno como crisálida.
Premendo acó para ver a eiruga

 

 

 

 




Subfamilia Phalerinae

Phalera bucephala (Linnaeus 1758)
(60 mm) Esta avelaiña aparece entre maio e xulio e destaca pola súa forma e cor, semella unha ramiña. Ten unha soa xeración ó ano. As eirugas devoran follas de abeleiras, carballos, salgueiros, etc. Hibernan como crisálidas no chan.
Premer acó para ver a couza. 

 

Subfamilia Notodontinae
Pheosia tremula (Clerck 1759) 
(40 mm) As súas cores son axeitadas para pasar despercibida na follarasca das fragas nas que soe vivir. Aparece en dúas xeracións ó ano, unha entre abril e xuño e outra entre xulio e agosto. As eirugas aliméntanse de chopos, salgueiros e bidueiros. Pasan o inverno como crisálidas.
Premer aco para ver a eiruga

Notodonta dromedarius (Linnaeus 1767)
(35-40 mm) Vive en zonas de caducifolias e a súa coloración é moi variable, non sendo raros os casos de melanismos. Aparecen dúas xeraciós entre maio e agosto. A eiruga aliméntase de bidueiras, salgueiros, aveleiros, etc. Hiberna como crisálida
Premer acó pera ver a súa curiosa eiruga.

Notodonta ziczac (Linnaeus 1758)
(40-45mm) A súa bioloxía é similar a especie anterior.
Premer para outra curiosa eiruga.

 

 


Subfamilia Stauropinae

Cerura erminea (Esper 1783) 
(30-38 mm ) Esta couza tan peluda voa nunha soa xeración entre abril e xunio, non sendo unha especie moi abondosa. A súa eiruga aliméntase de chopos, bidueiros e salgueiros, esta, ó ser molestada esconde a cabeza e levanta o extremo anal do cal salen dous “látigos” vermellos, tamén pode “escupir” ácido fórnico.
Premer para ver a eiruga




Furcula bifida (Brahm, 1787)
(30-42 mm) Esta fermosa avelaíña, voa en dúas xeracións ó ano entre maio e agosto. A eiruga aliméntase de chopos, bidueiros, ameneiros etc, pasa o inverno en forma de pupa na cortiza das árbores nutricias.
Premer acó para ver a eiruga.

 

 

 

 

Stauropus fagi (Linnaeus 1758)
(45-60mm) Esta é a miña preferida dentro desta familia, ademáis tiven a sorte de poder ver a eiruga e a couza en varias ocasións. Voa en dúas xeracións ó ano entre abril e xulio, é unha avelaíña con unha forma curiosa cando está en repouso, forma esta que lle axuda a pasar desapercibida polo día cando está pousada nos troncos, pode ter distintos tonos entre o verde oliva e o marrón.

 

 

Destaca de forma excepcional nesta especie a súa eiruga, esta ten unhas patas especialmente longas, cando é molestada arquea o corpo adoptando a forma dunha gran araña, para así espantar un posible predador. Dende logo unha adaptación impresionante a desta eiruga. Ten como alimento preferido as follas de faia aínda que tamén se alimenta da follaxe de carballos, castiñeiros, tilos e incluso pereiras bravas. Hiberna como crisálida. 
Baixo estas liñas deixo as fotos da eiruga e das distintas posturas que soe adoptar.

 

 

Se nos fixamos un pouco na dieta e nas costumes das eirugas desta familia, adiviñaremos facilmente cal é a principal ameaza que teñen no actual monte galego…
Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

Sin Comentarios

Fai o primeiro comentario.

Deixa un comentario

Introduza o seu nome. Introduza un email. Introduza o comentario.

Etiquetas Blog