Por desgracia,estos días atrais rematei de ler ¿Para que sirven las aves?
Téñolle unha especial admiración a Toñete. Con el pasei a miña primeira xornada na Estaca de Bares, mirando cos prismáticos que el me prestou e atendendo as explicacións que me ía dando ó tempo que na súa cabeza se amontoaban os números que cada 15 minutos volcaba na súa pequena libreta negra. Ese frío día de Novembro a miña forma de ver a aves mudou drásticamente.
Teño que recoñecer que cando Toñete me falou do libro pensei que sería só apto para os “frikies”que disfrutamos da observación das aves. Agora teño que recoñecer que estaba moi confundido.
Os páxaros son tan só o fío conductor para guiarnos dende a costa coruñesa ata un mundo de sensacións, anécdotas históricas, catástrofes, escuras tramas… un mundo forxado sobre a base de anos de intensas vivencias e templado coa súa sublime escritura.
Sen dúbida un libro para ler amodo e disfrutar, e non só os paxareiros, senón todo aquel o que lle guste ler, teña unha pouca curiosidade e ganas de disfrutar.
Xa son poucos os ornitólogos e entusiastas da natureza que non contan co libro na súa estantería e a crítica de todos converxe nun punto. este é un libro feito non só para nós senón que é un libro aconsellable para todo o mundo.
Se tivera que expresar en poucas palabras o que provocou en min a lectura deste libro diria que moita curiosidade, rabia, tristeza, risa, sorpresa, e finalmente unha inmensa sensación de liberdade.
Tan só queda felicitar a Toñete, ademáis de excelente persona , gran ornitólogo e gran comunicador anbiental, agora, tamén sensacional escritor.
Este xoves será presentación
Publicado o 11 de decembro do 2012
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.