Tamén andaba por alí esa rareza da ría, o pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), orixinaria de Canada e Alaska e que parece que xa empeza a poñerse guapo, esperemos que non marche e poidamos velo co traxe de gala.
Lóxicamente había moitas máis especies que non fotografiei, ben pola distancia ou ben por que algunhas como as garzas, archibebes comúns, cormoráns e ostreiros teñoas prohibidas ata que compre outra memoria externa. Teño un feixe de fotos deles, así que quedarán para ser protagonistas dalgunha outra entrada.
Xa dera a xornada paxareira por rematada e puxera o chip Noiteboa, cando me chama o compañeiro Xulio Villarino decíndome que o saír co coche en Bares atopara unha pequena ave mariña na estrada. Non facía por escapar, polo que a colleu e ma trouxo, era un paíño europeo (Hydrobates pelagicus), que ben por cansancio ou ben aturdido e desorientado polas luces acabara pola estrada.
O certo é que tampouco eu sabía moi ben que facer co animal polo que chamei a Ricardo Hevia, ó que xa lle sucedera isto noutras ocasións e que me indicou como facer co paíño. En fin todo un culebrón que acabou con meu irmán e conmigo na praia ás 9:15 da noite, nun intento de solta fallido no que o paxaro parecía estar falto de forzas, polo que decidín deixalo descansar unhas horas e soltalo de madrugada,
Así foi que ás 7:30 da mañá funno soltar á praia; saíu coma unha centella foi todo un alivio velo voar. Ante todo darlle as gracias a Xulio por preocuparse polo animal e máis a Ricardo por indicarme como facer con el.
En fin, que o final entre a cea, a festa e o paíño, na Noiteboa non me tocou ir á cama máis que dúas horiñas, e xa postos nas oito da mañán decidín ir desaiunar algo e tirar de novo para Ortigueira (isto dos páxaros engancha moito) Xa aló cun frío que pelaba, estiven disfrutando dos patos culleretes, pero desta vez acompañados dunhos coriosos individuos, un par de cullereiros (Platalea leucorodia).
A outra espátula estaba demasiado lonxe para lle facer unhas fotos decentes, pero estaba anelada, polo que tentei sacarlle unhas fotos as anelas para saber algo dela.
Mandeille as fotos a Antonio Gutierrez do blog gaviotasyanillas , un blog sen desperdicio ningún, todo un fenómeno nisto das anelas e das gaivotas. Non tardou moito en poñerse en contacto con Otto Overdijk; coordinador xeral desta especie en Europa e contestarme mandándome a ficha desta, mil gracias Antonio. O final a espátula foi anelada na Baixa Sajonia en maio do 2009 e curiosamente o mércores anterior (día 21) fora vista na Gironde en Francia. Impresionante o que se moven as aves. De novo se deixou fotografiar o archibebe claro.
Finalmente ó redor das once e media decidín ir tomar un café por Bares e mirar se había algo polo porto, de camiño deixouse fotagrafiar un miñato (Buteo buteo) que estaba pousado, como non, nun poste da luz.
Ó final de café nada, todo estaba cerrado, pero polo porto andaban pescando tres alcas (Alca torda) que me tiveron entretido.
Sin Comentarios
Fai o primeiro comentario.