TEMPORAL

Ó final chegou o primeiro temporal da campaña, e aínda que por acó xa tíñamos que estar curtidos, o certo é que nos segue abraiando a forza con que o mar e o vento bate as nosas costas.

A plaia de Esteiro


Mirando dende a ría, a illa da Colleira tampouco parecía telas todas consigo


Dos seis pentumeiros comúns (Melanitta nigra) que están pasando o inverno na Ría do Barqueiro tan só dous apareceron onte, desafiando ó temporal.


Tampouco faltaba o mar pola Estaca


Nin as tolerías…

Pola praia do Picón e polos cantís, o mar estaba especialmente duro.
Pero como non, ata as ondas máis grandes eran desafiadas polas habilidosas gaivotas, que escudriñaban cada recuncho, sabedoras das riquezas que os temporais achegan á costa .
Pero non só para as gaviotas traía regalos o temporal, tamén a min me tocou algo…

Esta fermosa gaivota groenlandesa ou polar (Larus glaucoides).
Preguntarase ela, ó tempo que fai filigranas para manterse no aire, ¿para aturar isto me peguei eu tremendo viaxe?
Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

Sin Comentarios

Fai o primeiro comentario.

Deixa un comentario

Introduza o seu nome. Introduza un email. Introduza o comentario.

Etiquetas Blog