Vociferus en cabo Udra

Onte, día 13 de novembro, José Ramón Gómez cantaba un charadrius vociferus en cabo Udra, 5 para Galicia e para a península.

_APS9759

Por motivos personais estarei ata xunio por Nigrán, así que tiña o animaliño moi cerca, e era unha boa ocasión para botarlle o ollo, xa que nunca tivera o pracer. O problema é que era xoves, cazadores pola zona e ademáis o páxaro estaba nunha zona frecuentada por paseantes, así que parecía que non ía aguantar moito pola zona. De todos xeitos a miña intención era parar o venres a velo, xa que me caía de paso cara o Barqueiro. Asombrosamente ó día seguinte pola mañá chegaba a noticia de que seguía o vociferus no mesmo sitio, no aparcamento do propio cabo.

Coas boas novas e as poucas horas de luz que temos polas tardes non quedaba outra que facer bocata e tirar para o Barqueiro con parada no cabo Udra. En pouco tempo xa estaba alá pero non atopaba o páxaro ningún lado, achegueime ata o final dunha pista de area como me indicaran os compañeiros e voilá, chegando ó aparcadoiro estaba o animaliño correteando dun lado pra outro.

Charadrius vociferus, Cabo Udra (Pontevedra) 14-11-2014

Comía  miñocas coma un tolo, palpando o chan coas súas patas para dar con elas e dando os seus característicos berridos. Non teño nin idea das que tivo que pasar para chagar dende América ata cabo Udra, pero sen dúbida estabase a desquitar a base de miñocas.

Charadrius vociferus, Cabo Udra (Pontevedra) 14-11-2014Charadrius vociferus, Cabo Udra (Pontevedra) 14-11-2014Charadrius vociferus, Cabo Udra (Pontevedra) 14-11-2014

Sen baixar do coche para non asustalo saqueille un feixe de fotos. Despois dun bó anaco decidín facerlle compaña e almorzar con él, así que tirei de bocata, mentres o animal paseaba a carón do coche. Antes de marchar decidín facerlle un video, con el vos deixo.

Un saúdo e moitas gracias por me ler.

Sin Comentarios

Fai o primeiro comentario.

Deixa un comentario

Introduza o seu nome. Introduza un email. Introduza o comentario.

Etiquetas Blog