Pola Estaca de Bares entrada de centos de tordos comúns (Turdus philomelos) e picas dos prados (Anthus pratensis) , tamén moitas lavercas (Alauda arvensis), paporoibos (Erithacus rubecula) , picafollas comúns (Phylloscopus collybita) e algún musical (Phylloscopus trochilus), unhos pucos ex. de tordos rubios (Turdus iliacus), 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus torquatus), varios pitos da neve, 1 papamoscas cincento (Muscicapa striata) 1 ex. de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe ) 2 ex. de peto formigueiro (Jynx torquilla) e unha chasca norteña (Saxicola rubetra).
Continúa a escribenta das neves (Plectrophenax nivalis) e no porto 1 ex. de pica costeira (Anthus petrosus) e 1 ex. de lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrellii).
Pablo e Antonio Gutiérrez, Pablo Pita, Antonio Sandoval, Antonio Martínez e un grupo de varias persoas que estaban a facer unha excursión ornitolóxica pola zona.





