PAXARADA NAVIDEÑA

Fin de semana navideño e tamén paxareiro, animado pola climatoloxía tocou dar unhas voltas pola zona, mirar se a bichería estaría tamén de festas. O sábado pola mañá fun dar unha volta por Ortigueira, a ría estaba preciosa. Non moi lonxe do muelle andaban un cento de patos culleretes, que chupeteaban polas pozas que deixara a baixamar. Tamén […]

Ler

24-12-2011 Ría de Ortigueira

Continúa o macho de pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) pola ría.

Antonio Martínez

_DSC0084

TEMPORAL

Ó final chegou o primeiro temporal da campaña, e aínda que por acó xa tíñamos que estar curtidos, o certo é que nos segue abraiando a forza con que o mar e o vento bate as nosas costas.A plaia de Esteiro Mirando dende a ría, a illa da Colleira tampouco parecía telas todas consigo Dos seis pentumeiros […]

Ler

11-12-2011 Ría de Ortigueira

Continúa o macho de pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) pola ría.

Grupo Calidris (fot.Álvaro Polo)

MG_8145

 

Os notodóntidos

Os notodóntidos

De novo a voltas coas avelaiñas, desta vez tócalle a familia dos Notodóntidos, unha familia que conta con máis de 2500 especies en todo o mundo, a maioría delas espalladas polas zonas tropicais. Son couzas de tamaño medio-grande e xeralmente de corpos pesados e peludos. Así como en outras familias as eirugas comparten unhas características físicas, nesta, […]

Ler

DA OFIOLATRÍA Á OFIOFOBIA.

Cobras e víboras  están estreitamente vencellados ó folclore galego, formando parte de infinidade de mitos lendas e supersticións que persoalmente atopo moi interesantes, pero que en poucas ocasións se achegan á realidade e que en pouco axudaron a conservación destos reptís. Sen dúbida as cobras na nosa terra sobrepasan o límite do natural para adentrarse nun  nundo máxico e […]

Ler

26-11-2011 Estaca de Bares

1 ex. de pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) nun grupo de 5 pentumeiros comúns e 1 grupo de 8 pentumeiros de á branca (Melanita fusca) en paso pola estaca de Bares.

Ricardo Hevia

 

20-11-2011 O barqueiro

1 ex. de papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) por unhas hortas do Barqueiro.

Antonio Martínez

unnamed

 

8-11-2011 Ría de Ortigueira

1 macho xov. de pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) na ría.

Ricardo Hevia

CHUCHASAIVAS

De forma xeral decimos que as prantas son seres fotoautótrofos, absorben a materia inorgánica do solo (auga e sales minerales) que logo as follas mediante o proceso da fotosíntese son capaces de transformar a materia en orgánica (glúcidos, aminoácidos, ácidos grasos, etc). Pero coma sempre, existen excepcións, e algunhas plantas adaptáronse de tal maneira  que son capaces de vivir evitando realizar total ou parcialmente […]

Ler

Etiquetas Blog